http://youtu.be/Kae_MBI0Hac

segunda-feira, 17 de setembro de 2018

O ensino ilustrado

Vida e obra de Rosalía de Castro
<iframe src="http://www.slideshare.net/slideshow/embed_code/18321677" width="476" height="400" frameborder="0" marginwidth="0" marginheight="0" scrolling="no"></iframe>



Espazo lúdico: aprender doutros xeitos




Xogo de cultura xeral sobre lingua,deportes,ciencia...












Só tes que adiviñar a palabra agochada, dicindo as letras que cres que ten. Tes 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco.





















Neste vídeo podes escoitar a canción "Deitado fronte ao mar" do grupo Dios ke te crew, que puxo música ao famoso poema do mesmo título de Celso Emilio Ferreiro.

Pautas comentario de texto


PAUTAS   COMENTARIO  DUN  TEXTO  LITERARIO


1.          INTRODUCIÓN:
Debes presentar o texto, achegando información sobre a obra á que pertence, o autor, época, movemento… e se podes, destacar algún característica que singularice devandito texto.
        

2.         ANÁLISE DO CONTIDO:

                  2.1. TEMA: sintetiza en 1 ou 2 liñas a idea central do texto, é dicir,o que o autor nos quere  transmitir. Ten en conta que o tema pode estar explícito ou implícito.
                        Unha vez redactado o tema, debes relacionalo coas características do autor ou do movemento.

                  2.2. MOTIVOS: son aqueles elementos temáticos que contribúen á  expresión do tema. Cando ao longo da historia da literatura se repiten reciben o nombre de TÓPICOS. É frecuente que nunha  época determinada atopemos tópicos característicos ( por exemplo, o "Carpe diem"  no Renacimiento). Igual que fixeras co tema,debes relacionalos co autor e o movemento.

                   2.3. ESTRUTURA INTERNA: debes indicar como está organizado o contido no texto (división en partes). É o “esqueleto” do texto. Existen diferentes tipos de estrutura: circular ou enmarcada, conclusiva, ascendente, descendente…


3.          ANÁLISE DA FORMA:

                   3.1. ESTRUTURA EXTERNA: de tratarse dun texto poético tes que facer a análise métrica. De ser un texto en prosa terás que explicar a súa distribución en capítulos, apartados, parágrafos…

                   3.2. RECURSOS ESTILÍSTICOS: identifica no  texto os  recursos estilísticos que emprega o autor como metáforas, símiles,paralelismos,... (Lembra que os recursos literarios son os indicadores da función poética da lingua).
                         Non se trata de facer un sumario de recursos senón de identificar e comentar  os que son propios do autor ou significativos dun movemento determinado.


4.         CONCLUSIÓN E VALORACIÓN:
                    Retoma os apartados anteriores e atrévete a redactar unha conclusión. Podes valorar a importancia dese texto dentro dun período determinado, a orixinalidade do autor ..., ou simplemente comentar que che suxeriu ese texto, se che gustou ou non e por  que.

Os movementos agrarios



Aquí vos achego un vídeo para coñecer máis polo miúdo a aparición dos movementos agrarios no 1º terzo do século XX.